Somos unha empresa familiar que, combinando diferentes coñecementos, decidimos apostar por este proxecto consistente na recuperación de variedades de mazás autóctonas galegas (Raxaó, Principe, Rabiosa, Vereña ...), contando con varias plantacións propias que discorren ao longo do río Traba que desemboca na ría de Noia e Muros.
Despois de comezar as plantacións, decidimos recuperar vellas tradicións da nosa Vila de Noia (A Coruña), como a produción de sidra natural empregando vellas técnicas de produción que pouco a pouco fomos adaptando aos novos tempos actuais, simplificando as tarefas pero sen perder a esencia principal da tradición.
Dada a gran acollida de sidra natural na rexión do Barbanza, decidimos seguir innovando neste sector, levando ao mercado o zume de mazá (mosto de mazá).
O noso espírito emprendedor e a demanda dos nosos clientes lévanos a crear novas bebidas como a sidra con gas con alcohol e sen alcohol, a cervexa de sidra, o vermú de sidra, a sidra de xeo, a Perada ...
Isto provocou que as nosas plantacións fosen insuficientes, incluso mercando mazás a varios produtores da zona e da comunidade galega.
Outra liña que nos caracteriza e sempre baseada na mazá é a produción de doces da mesma consistencia que o marmelo tradicional. Comezamos elaborando o tradicional membrillo, Apple Dulce ata incorporar varios sabores como laranxa, ameixa, kiwi, amorodo, grelos, licor café, algas, ortigas ...